sábado, 5 de mayo de 2012

Concorde construit, discorde détruit!

Concorde construit, discorde détruit!


O domingo 29 saíron á rúa milleiros de persoas para manifestarse a prol dos dereitos colectivos e cívicos, como son a igualdade, a saúde ou a educación, entre outros. Durante todo o mes de abril choveron, nun mes de auga, as demandas en favor do dereito fundamental á educación e á conciliación, así como ao mantemento da escola pública.

No caso das escolas infantís públicas, queren – personaxes escuras de mentira fácil- levalas ao que a mediados do século pasado (anos 70) eran os xardíns de infancia e garderías, baleirando o contido educativo e impedindo que se prepare as persoas (infantes) para ser libres, solidarias e xustas.

Organizadas nas Anpas, as familias das escolas infantís de Narón deron un exemplo de compromiso en defensa do dereito á educación da infancia, pondo en valor a cooperación e aplicando a súa enerxía en facer valer os seus dereitos e os das súas crianzas.

Fomos moitos os que nos manifestamos a nivel individual nas rúas de Galiza en defensa dos dereitos públicos da cidadanía, mais tamén foron moitos os que quedaron a mirar dende a beirarrúa, algún con indiferenza. Non cuestiono os motivos persoais ou colectivos para non participar, seguramente que moi razoados e talvez atinados, pero hai momentos (na opinión deste ninguén) que, como fixeron as familias de Narón, debe prevalecer a unidade, a razón, o espazo común que resalte as coincidencias.

Igual acontece que este goberno tan relixioso quere mudar os dereitos cívicos por prestacións; subvencións que, a modo de graza, de esmola, poidan ser ofrecidos á cidadanía polo clientelismo e confesións de todo tipo. Será?

No hay comentarios:

Publicar un comentario