'O ensino en galego é un dereito, non un capricho dos políticos'
A Nosa Terra 27/05/2009
Eva Estévez . Se Mahoma non vai á montaña, a montaña vai a Mahoma. O pasado 17 de maio constituíse en Compostela a xestora que vai facer posíbel 'Galiza co galego', unha organización que impulsará a creación dunha rede popular privada de ensino en galego. Agora busca conseguir 3.000 apoios para obter os recursos suficientes para impulsar a primeira escola infantil. Francisco López, máis coñecido como Francisco de Limiar, é un dos seus impulsores e explica os detalles do que será a futura 'rede popular galega de ensino en galego'.

Este colectivo considera que é hora de pasar á acción en materia lingüística no ensino. “O ensino en galego é un dereito, non un capricho dos políticos”, explica o seu portavoz, que ao igual que os compoñentes desta plataforma considera que a maneira de conseguir que o galego se manteña e recupere é “se a sociedade civil implicada toma cartas no asunto dun xeito definido e real”.
A pretensión desta iniciativa é defender o uso de galego como idioma vehicular na escola dende a iniciativa privada. “Buscamos un espazo propio para o idioma galego”, resume Francisco de Limiar, que considera “necesario e imprescindíbel” que haxa un espazo (o da educación) en galego para as crianzas que ten que estar nas escolas.
De Limiar explica que a rede de ensino que impulsa 'Galiza co Galego' non é un gueto.“Queremos que se acade a mesma competencia lingüística en galego que en castelán. As persoas formadas na rede de ensino galego terán a formación suficiente para realizar un texto científico ou literario en castelán, ou en lingua galega”, explica o portavoz desta iniciativa. De Limiar engade que o proxecto educativo de 'Galiza co Galego' aposta por un ensino científico de calidade, “innovador”, co galego como lingua vehicular.
- Laico, democrático, pluralista e sen ánimo de lucro
O proxecto da rede popular galega de ensino será laico, democrático, pluralista e sen ánimo de lucro. As cotas que pagarán os pais para a educación dos seus fillos converteranse nos recursos económicos do proxecto. Nun principio 'Galiza co Galego' busca 3.000 asociados iniciais para acadar o presuposto mínimo de 300.000 euros necesario para abrir a primeira escola infantil. “A primeira escola da rede xerará novos recursos para a creación de novos centros, tendo en conta que os gastos van a ser pagados polos usuarios”, explica o portavoz.
'Bilingües xa somos todos'
En referencia a se 'Galiza co Galego' é unha iniciativa contraria a Galicia Bilingüe, Francisco de Limiar explica que 'Galiza co Galego' rexeita a “todos os que promoven o odio á nosa lingua ou calquera outra” e considera que bilingües, en castelán e galego, “xa somos todos os galaegofalantes”.
Manifesto
Pola creación dunha rede popular galega de ensino en galego
Para tod@s
Galiza co Galego.
3000 asociad@s a 100 euros anuais, supón o presuposto para crear unha escola infantil
Asine no formulario, colabora www.limiarlibros.com
Pola creación dunha rede popular galega privada de ensino en galego:
1.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que acade recursos económicos para a creación dunha rede popular galega privada de ensino en galego, a todos os niveis, con especial atención dende os niveis inferiores (de cero a 6 anos), deica a finalización da educación obrigatoria (sobre os 16 anos).
2.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” cun ideario laico e pluralista.
3.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que promova e apoie as escolas privadas laicas que usen o galego como lingua de ensino.
4.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que busque a consecución por medio do ensino en galego, con métodos científicos a competencia lingüística nas linguas romances de tronco común como o portugués, catalán, castelán, francés, italiano,...
5.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” para desenvolver un ensino científico e de calidade, que ademais permita acadar a competencia lingüística noutro idioma como o inglés, alemán, ruso, chinés..... e que procure nocións da lingua vasca (éuscaro), como outra lingua do Estado Español.
6.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que axude as familias para facilitarlles os medios, as ferramentas, para que poidan desenvolver a súa vida con normalidade en galego.
7.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que unha vez en marcha de inmediato poderá poñer en práctica o proxecto educativo global en galego, como pode ser en convenio cos centros de ensino privados existentes, ou coa creación de novos centros.
8.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que reclame da administración pública os recursos económicos precisos para o desenvolvemento dunha rede galega de ensino en galego, tanto na súa parte pública como privada.
9.- Tendo en conta que a asociación popular “Galiza co Galego”, contará con asociados nun número inicial de 3000, que ao mesmo tempo, na maior dos casos serán beneficiarios da rede de ensino en galego, comprometo a miña afiliación, á asociación popular “Galiza co Galego”, cunha cota anual de 100 a 200 euros, que farei efectiva no momento da súa constitución.