domingo, 8 de abril de 2012

Vergalladas

Vergalladas

Dáme a impresión de estar fóra de tempo e non dar entendido o que está a acontecer.

Non sei o que vai pasar coa Nosa Terra se os que teñen como fin defendela -cando máis necesidade hai- se distancian, na convicción de que só a súa idea é a que permitirá o futuro. Pola contra, resulta que os ladróns do propio, os usurpadores da vida, os espoliadores da razón están formando piña, repartindo o des-creto e a insidia para debilidade do bo e xeneroso, e facerse máis fortes.


Quen é o culpábel, quen é o inocente, non o dou sabido, mais non teño dúbidas de quen é a vítima. O votante non merece que, ademais, lle estean a dar malleiras coas súas propias mans.


Ao parecer, as vergalladas chámanse votos perdidos, votos pertencentes a moitas persoas anónimas e que, se cadra, ás veces son obtidos pola circunstancia do momento ou a imaxe do márketing.


Qué bo sería, meus, ao menos 300.000 persoas (votos) que escolleron as ideas en defensa da terra, da educación, do galego, da sanidade, do traballo, da liberdade, fixesen forza nunha idea común. Non haberá?

No hay comentarios:

Publicar un comentario