martes, 14 de abril de 2009

O ensino en galego, un dereito e un deber

Francisco López

Chorar e bo para os nervios, mais logo cumpre seguir a facer, un bo exemplo pode ser a creación dunha rede popular de escolas privadas en galego. As pasadas eleccións perdeuse a oportunidade que se abriu logo da derrota de Fraga, gañou de novo o medo, a manipulación, como cando na República os defensores dos dereitos das persoas conseguiron que as mulleres votaran, deste mesmo xeito os que traballaron con mellor e peor acerto para os mais desfavorecidos (como por exemplo as persoas dependentes) perderon o poder e as posibilidades de favorecer o avance social.

O pequeno avance que se deu na defensa da cultura e da lingua galega, co breve goberno de nacionalistas e socialistas, está a piques de estragarse. A pretensión da dereita de España de suprimir o galego nas escolas infantís, ao evitar que se avance no seu uso no resto do ensino, mesmo que a nivel xeral na administración sexa considerado como unha lingua inferior, onde o dereito a non ser atendido en galego prevaleza, actuacións que semellan ter o obxecto da uniformación española, unha España única en lingua e espírito, en onde o galego sexa tan so como o concibía Franco (e don Manuel e de paso Rajoy), un elemento de folclore.

Sabedores das intencións, cumpre poñer as solucións. Nunha páxina de internet, hai unha proposta valente: A creación dunha rede popular de escolas privadas en galego, (http://limiargalego.blogspot.com/). O debate está servido. Resulta que a esquerda sempre estivo polo público, pero o certo e que a dereita usa o público, cando está no poder, para consolidar as súas posicións sociais, económicas e políticas, apoiando os seus intereses privados. Una rede popular de escolas en galego, que con 3000 asociados e con un presuposto de 300.000 euros anuais, pode por en marcha unha escola infantil, que logo de ser costeada polos seus usuarios, recuperará o invertido, para poder crear outra e outra, e así deica o infinito.

Unha rede popular onde os galegos falantes, ou non, e os que aposten por un ensino laico e de calidade, poidan ofrecer aos seus fillos, as crianzas, unha formación científica que faga posible persoas formadas en valores e con unha competencia lingüística en galego, castelán, portugués, e mesmo nas demais linguas romances, uns estudantes que sairán desta rede de escolas con coñecementos de comprensión e fala noutras linguas, como o inglés, alemán, chinés, ruso.., una escola que imparta valores de cidadanía plurais e sen complexos, historia non manipulada, unha escola a vangarda do ensino científico. Unha escola en mans dos promotores, a cidadanía, por medio das Asociacións de Pais e Nais. A proposta está feita, cumpre materializala.

No hay comentarios:

Publicar un comentario