martes, 14 de octubre de 2008

A liberdade de prensa en entedito

Francisco López
A pesares de que a Constitución Española recoñece no seu artigo 20 o dereito á liberdade de prensa, ésta non se cumpre na práctica. Explícome: dentro dos dereitos da cidadanía está o de expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións mediante a palabra, a escrita ou calquera outro medio de reprodución. Así, está recoñecido tamén o dereito a comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de comunicación.

Pero ocorre que un cidadán español, nunha cidade media do Estado -inferior ao 500.000 habitantes- e que desexe ler prensa de Galicia, Cataluña, Euskadi, León… esencialmente non pode, ao menos que se atope no lugar de edición. Agora ben, non ten dificultade de ler a prensa estadounidense, británica, francesa ou xermana.

Por exemplo, un cidadán ou unha empresa que teña a súa sede social na capital de Galicia -Santiago de Compostela-, non poderá dispor de xornais cataláns, nin vascos, que pode precisar para a súa xestión ou coñecemento. E ademais, neste caso -por estraña razón- tamén terá dificultades para conseguir a prensa portuguesa.

Nas librarías e quioscos tan só se pon a venta a prensa local e a prensa madrileña, que baixo o nome de xeneralista se distribúe en todo o Estado español. Xornáis como El País, El Mundo, ABC, La Razón ou Público teñen o monopolio da noticia xeral española, reflectindo ás veces unha versión afastada, centralista, non integradora, das grandes novas que acontecen na periferia (provincias).

Coa exclusión de feito dos canles de distribución (quioscos, librarías…) dos medios "rexionais" ou "provinciais" -por chamalos dalgún xeito- de novas importantes (para o lector) pero que por razón de espazo, ou conveniencia, non están tratados nos xornais "nacionais", non poden ser coñecidas polos cidadáns alleos a prensa local onde se produciu o acontecemento.

Como aclaración, dicir que os xornais El Periódico ou La Vanguardia teñen máis lectores que o ABC, La Voz de Galicia, El Correo, La Razón, La Nueva España, Faro de Vigo ou Deia. Estes medios teñen máis lectores localmente que os diarios madrileños.

Para o cidadán, non é posíbel realizar unha subscrición a estes xornais "rexionais", para ter a prensa no día, xa que lle chegaría ao subscritor sobre dous días despóis da súa publicación. As distribuidoras de prensa, a pesares das peticións dos vendedores, non envían os "rexionais" aos puntos de venta.

Semella como si houbera un contubernio desfavorecedor para que “os rexionais” non se distribúan a nivel do Estado. De feito, na práctica -con intención ou sen ela- as comunidades autónomas quedán illadas na difusión da súa prensa, provocando que a cidadanía non poda exercer libremente o seu dereito a ser informado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario