domingo, 23 de marzo de 2014

Avoaescola ten menos de 48 horas

Avoaescola ten menos de 48 horas para conseguir o financiamento.

Pódese contribuír no web da plataforma Verkami ( http://www.verkami.com/projects/7981-avoaescola-unha-escola-infantil-en-galego).

Avoaescola é un espazo educativo en galego dedicado a nenos e nenas ata os tres anos, que busca que a infancia teña contacto coa lingua galega.

Avoaescola ten o prazo de matrículas aberto e a partir do día seguinte de alcanzar o financiamento iniciará a selección do persoal educativo para súa escola en Narón (Ferrolterra) , coa creación de tres postos de traballo.

A cooperativa Avoaescola, sen ánimo de lucro,  está formada polos socios e socias de Galiza co Galego que promoven a pervivencia cultural e de valores dun pobo e que creen no futuro da lingua galega e nunha pedagoxía que parta da indagación e da investigación-acción, cunha metodoloxía activa, participativa e colaborativa, en busca da consecución da autonomía dos nenos/as, fomentando valores como a igualdade, a solidariedade, a empatía, o respecto, a coeducación, a tolerancia e o coidado do medio ambiente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario